sábado, 7 de mayo de 2011

OBRAS DE REFERENCIA. ARTE CONTEMPORÁNEA

Caro me costou localizar as obras recomendadas polo grupo de traballo de selectividade, especialmente de Picasso, xa que non se indica ano nen museo e ás veces o título está trabucado, pero aí van:

miércoles, 9 de febrero de 2011

SOBRE A ARTE ROMÁNICA

Aproveitando que estamos estudando a arte románica aquí van algúns enlaces:

Dentro da páxina da Fundación Pedro Barrié de la Maza podemos acceder á información relativa ao programa de restauración da Catedral de Santiago que esta fundación está apoiando económicamente, como foron no pasado a reconstrucción do antigo coro en pedra do Mestre Mateo, e agora a restauración do Pórtico da gloria e as pinturas da capela maior.

Aparecen unhas interesantes galerías de fotos e tamén este video onde nos explican cuestións relativas ao Pórtico da Gloria e o proceso de estudo e restauración que se están levando adiante:



Relacionado co románico aparece hoxe na prensa información sobre a exposición que a Fundación Maphre está expoñendo na súa sede no Paseo de Recoletos de Madrid, chámase: "El Esplendor del románico" e exhibe obras existentes no Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC), que ten probablemente unha das mellores coleccións de arte románica do mundo. Neste enlace poderás ler a información que aparece no xornal El País e acceder a unha bonita galería de imáxenes de pezas que se expoñen.

Para rematar esta entrada aparece aquí un enlace á web do Mosteiro de Oseira, mosteiro da orde do Císter que aínda existe e que o programa da selectividade deste ano "aconsella" estudar.
Accedendo aos diferentes enlaces podedes ver como vive unha comunidade monástica actual, o que se asemella un pouco a como vivía na idade media. Tamén aparecen interesantes galerías de fotos sobre o mosteiro e ata un video onde aparecen os monxes cantando.

Os mosteiros da orde do Císter estendéronse por Europa dende a Borgoña francesa, a partir do s. XII, como unha reforma da orde benedictina nun sentido de darlle unha maior espiritualidade e pobreza que os benedictinos perderan en parte. O gran impulso da Orde veu dado por S. Bernardo de Claraval o seu santo principal. En contraposición ao hábito negro dos benedictinos estes monxes levan un hábito branco como podedes ver no video. En Galicia temos numerosos exemplos de Mosteiros desta orde como é o Mosteiro de Oseira en Ourense ou máis cercano o da Armenteira.

Os monxes do Císter foron os primeiros en usar bóvedas de crucería e arcos apuntados polo que os seus mosteiros se atopan a medio camiño entre o románico e o gótico. Os métodos constructivos (muros grosos e pechados) e a concepción espacial sigue sendo románica pero xa introduce eses elementos característicos da arquitectura gótica que dan unha maior altura. A austeridade que busca a nova orde relixiosa vese na sinxeleza e falta de decoración das súas igrexas.

Estas imáxenes poden axudarvos a estudar e comprender mellor como é un mosteiro do Císter:

Partes dun mosteiro (non necesariamente do Císter)

Planta do Mosteiro benedictino de Sto Domingo de Silos


Nave central da Igrexa do Mosteiro de Sta María a Real de Oseira


Nave central da igrexa do mosteiro de Sta María da Armenteira, tamén do Císter, atopas similitudes co anterior?

Fachada da igrexa do Mosteiro da Armenteira, a diferencia da fachada da igrexa de Oseira que se remodelou no barroco, aquí tendes unha fachada orixinal do s. XII. Que elementos son aínda románicos e cales anuncian o gótico?

Sinala agora as partes do Mosteiro neste plano de Oseira (axúdate coa web do mosteiro)



Imaxe da Virxe do leite, Mosteiro de Oseira, analiza que é románico e que empeza a cambiar cara o gótico.

Fíxate que tanto Oseira como a Armenteria están dedicados á Virxe. Estes monxes do Císter ou bernardos difundiron por Europa o culto a María, algo marxinado na época anterior e influirán sobre a nova arte gótica que tamén dedica a maior parte das súas igrexas á nai de Cristo, pensa nas famosas "Nôtre Dame" (nosa señora) de Paris, Reims, Amiens...

sábado, 27 de noviembre de 2010

PROXECTO ASOREY

Os profes e profas do IES Asorey estamos levando adiante un proxecto educativo para homenaxear ao gran escultor do que levamos o nome.

O equipo de video do centro está traballando nun documental sobre Asorey, no que existe a posibilidade (aínda non contestaron) de colaborar coa televisión de Galicia.

O departamento de Historia está dirixindo unha serie de traballos cos alumnos e alumnas con vistas a facer unha importante exposición fotográfica sobra a vida e obra de Asorey.

Tamén ofreceron colaboración outros departamentos como o de plástica, de galego, de linguas, e ata o de relixión.

E o primeiro traballo que ve a luz foi feito pola profesora de Tecnoloxía, Susana Oubiña. Forma parte dun proxecto máis ambicioso como é facer un museo virtual que mostre a obra de Asorey. E ista é a primeira experiencia á que esperamos seguirán outras. Fotografando esta obra de Asorey, que o seu fillo amablemente nos prestou, e manipulando as fotografías cun programa informático Susana consegui esta imaxe da escultura en tridimensional.

A AFILLADA DE ASOREY. ESCULTURA EN MADEIRA DE BUXO



Fai clic na foto da escultura que te levará a un blog de prensa-escuela na que está cargada a aplicación.


domingo, 21 de noviembre de 2010

martes, 16 de noviembre de 2010

EXPOSICIÓNS SOBRE O IMPRESIONISMO


Claude Monet, o seu xardín

Edgar Degas, Bailarinas


Auguste Renoir, O columpio

Parece haber unha certa febre impresionista nos últimos meses porque numerosos museos do mundo están programando exposicións sobre os pintores impresionistas. Por exemplo:

- Sobre Claude Monet no Grand Palais de Paris da que xa falamos e á que lle seguirá outra no Museo Marmottan tamén en París.

- Sobre Auguste Renoir no Museo do Prado, le o artigo do País aquí

- Sobre os "xardíns impresionistas" no Museo Thyssen de Madrid

- Sobre Picasso e Degas no Museo Picasso de Barcelona, le o artigo do País aquí

jueves, 21 de octubre de 2010

UN VIDEO MUSICAL

Interesante video que me nos mandou Silvia, a ver se sodes capaces de identificar os cadros nos que se basa.

miércoles, 13 de octubre de 2010

ADIANTO DO VIDEO "UN MAR DE PEDRA"

A mediados do 2007, Manolo Paz recibe un
novo encargo da galería SCQ de Santiago de
Compostela. É a sua primeira esposición individual
en Galicia despois dunha década. O artista, tralo
periodo de xestación con bocetos e probas, ponse
a traballar en tres novas pezas: Nube, Campo de
Arroz e Escalinata.

Manu Paz, fillo do artista, decide crear un pequeno
grupo de traballo: Manu Paz e Xacobo Sanmartín
adicanse ao desenvolvemento do guión, na
produción e na dirección do proxecto, mentras que
David Hernández e Alex Penabade encarganse ao
rexistro audiovisual.

A actividade cotidiá do artista vai ser o que marque
o plan de traballo inicial. Un constante e veraz
estudio do traballo que Manolo desenvolve no seu
obradoiro de Castrelo (Cambados).

Nesas primeiras gravacións podiase apreciar
tódolo proceso creativo do escultor. Dende que vai
a canteira na procura da pedra máis adecuada até
que espón a a obra en Santiago.

Despóis dos primeiros visionados, os directores do
proxecto deciden incluir novas secuencias onde
personaxes relevantes na vida de Manolo narran a
evolución personal e artística do protagonista. Entre
estos novos personaxes atópanse o seus pais, as
amistades máis próximas, os seus mestres, artistas
da mesma xeneración, críticos ou propietarios de
galerías.

Cada unha desas declaracións forman unha
metáfora entre o seu proceso creativo e súa
traxectoria vital: dende a xestación até a madurez,
pasando pola sua formación, experimentación e a
sua posterior consolidación.


Un mar de Pedra - Documental sobre Manolo Paz - Teaser01 from unmardepedra on Vimeo.