sábado, 27 de noviembre de 2010

PROXECTO ASOREY

Os profes e profas do IES Asorey estamos levando adiante un proxecto educativo para homenaxear ao gran escultor do que levamos o nome.

O equipo de video do centro está traballando nun documental sobre Asorey, no que existe a posibilidade (aínda non contestaron) de colaborar coa televisión de Galicia.

O departamento de Historia está dirixindo unha serie de traballos cos alumnos e alumnas con vistas a facer unha importante exposición fotográfica sobra a vida e obra de Asorey.

Tamén ofreceron colaboración outros departamentos como o de plástica, de galego, de linguas, e ata o de relixión.

E o primeiro traballo que ve a luz foi feito pola profesora de Tecnoloxía, Susana Oubiña. Forma parte dun proxecto máis ambicioso como é facer un museo virtual que mostre a obra de Asorey. E ista é a primeira experiencia á que esperamos seguirán outras. Fotografando esta obra de Asorey, que o seu fillo amablemente nos prestou, e manipulando as fotografías cun programa informático Susana consegui esta imaxe da escultura en tridimensional.

A AFILLADA DE ASOREY. ESCULTURA EN MADEIRA DE BUXO



Fai clic na foto da escultura que te levará a un blog de prensa-escuela na que está cargada a aplicación.


domingo, 21 de noviembre de 2010

martes, 16 de noviembre de 2010

EXPOSICIÓNS SOBRE O IMPRESIONISMO


Claude Monet, o seu xardín

Edgar Degas, Bailarinas


Auguste Renoir, O columpio

Parece haber unha certa febre impresionista nos últimos meses porque numerosos museos do mundo están programando exposicións sobre os pintores impresionistas. Por exemplo:

- Sobre Claude Monet no Grand Palais de Paris da que xa falamos e á que lle seguirá outra no Museo Marmottan tamén en París.

- Sobre Auguste Renoir no Museo do Prado, le o artigo do País aquí

- Sobre os "xardíns impresionistas" no Museo Thyssen de Madrid

- Sobre Picasso e Degas no Museo Picasso de Barcelona, le o artigo do País aquí

jueves, 21 de octubre de 2010

UN VIDEO MUSICAL

Interesante video que me nos mandou Silvia, a ver se sodes capaces de identificar os cadros nos que se basa.

miércoles, 13 de octubre de 2010

ADIANTO DO VIDEO "UN MAR DE PEDRA"

A mediados do 2007, Manolo Paz recibe un
novo encargo da galería SCQ de Santiago de
Compostela. É a sua primeira esposición individual
en Galicia despois dunha década. O artista, tralo
periodo de xestación con bocetos e probas, ponse
a traballar en tres novas pezas: Nube, Campo de
Arroz e Escalinata.

Manu Paz, fillo do artista, decide crear un pequeno
grupo de traballo: Manu Paz e Xacobo Sanmartín
adicanse ao desenvolvemento do guión, na
produción e na dirección do proxecto, mentras que
David Hernández e Alex Penabade encarganse ao
rexistro audiovisual.

A actividade cotidiá do artista vai ser o que marque
o plan de traballo inicial. Un constante e veraz
estudio do traballo que Manolo desenvolve no seu
obradoiro de Castrelo (Cambados).

Nesas primeiras gravacións podiase apreciar
tódolo proceso creativo do escultor. Dende que vai
a canteira na procura da pedra máis adecuada até
que espón a a obra en Santiago.

Despóis dos primeiros visionados, os directores do
proxecto deciden incluir novas secuencias onde
personaxes relevantes na vida de Manolo narran a
evolución personal e artística do protagonista. Entre
estos novos personaxes atópanse o seus pais, as
amistades máis próximas, os seus mestres, artistas
da mesma xeneración, críticos ou propietarios de
galerías.

Cada unha desas declaracións forman unha
metáfora entre o seu proceso creativo e súa
traxectoria vital: dende a xestación até a madurez,
pasando pola sua formación, experimentación e a
sua posterior consolidación.


Un mar de Pedra - Documental sobre Manolo Paz - Teaser01 from unmardepedra on Vimeo.

miércoles, 6 de octubre de 2010

A GIOCONDA


Lede este artigo e respondede ás seguintes preguntas:


-Quen é Leonardo? (cando viviu, onde, principais obras...)
-Que é o sfumatto?

lunes, 27 de septiembre de 2010

EXPOSICIÓN MONET

Claude Monet diante dun dos seu famosos cadros de nenúfares


GRAN EXPOSICIÓN DE CLAUDE MONET EN PARÍS

Le o artigo do xornal El País neste enlace


Busca ademais algo de información sobre o pintor:

- Cando viviu?
-En que movemento artístico se encadra?
- Principais obras


E con toda a información recollida, analizada e sintetizada (non vale seleccionar, copiar e pegar), engade un comentario (non moi extenso) nesta entrada do blog.

2011 ANO ASOREY


O ano próximo, 2011, cúmprense 50 anos do pasamento de Francisco Asorey.
Era un famoso escultor cambadés ó que lle farán diferentes homenaxes o ano que ven.
Nós, alumnos e alumnas do centro que leva o seu nome, tamén colaboraremos nesta homenaxe.