miércoles, 13 de octubre de 2010

ADIANTO DO VIDEO "UN MAR DE PEDRA"

A mediados do 2007, Manolo Paz recibe un
novo encargo da galería SCQ de Santiago de
Compostela. É a sua primeira esposición individual
en Galicia despois dunha década. O artista, tralo
periodo de xestación con bocetos e probas, ponse
a traballar en tres novas pezas: Nube, Campo de
Arroz e Escalinata.

Manu Paz, fillo do artista, decide crear un pequeno
grupo de traballo: Manu Paz e Xacobo Sanmartín
adicanse ao desenvolvemento do guión, na
produción e na dirección do proxecto, mentras que
David Hernández e Alex Penabade encarganse ao
rexistro audiovisual.

A actividade cotidiá do artista vai ser o que marque
o plan de traballo inicial. Un constante e veraz
estudio do traballo que Manolo desenvolve no seu
obradoiro de Castrelo (Cambados).

Nesas primeiras gravacións podiase apreciar
tódolo proceso creativo do escultor. Dende que vai
a canteira na procura da pedra máis adecuada até
que espón a a obra en Santiago.

Despóis dos primeiros visionados, os directores do
proxecto deciden incluir novas secuencias onde
personaxes relevantes na vida de Manolo narran a
evolución personal e artística do protagonista. Entre
estos novos personaxes atópanse o seus pais, as
amistades máis próximas, os seus mestres, artistas
da mesma xeneración, críticos ou propietarios de
galerías.

Cada unha desas declaracións forman unha
metáfora entre o seu proceso creativo e súa
traxectoria vital: dende a xestación até a madurez,
pasando pola sua formación, experimentación e a
sua posterior consolidación.


Un mar de Pedra - Documental sobre Manolo Paz - Teaser01 from unmardepedra on Vimeo.

3 comentarios:

  1. As obras "Nube" "Campo de arroz" e "Escalinata" son as tres novas pezas de manolo Paz.
    Estas novas pezas presentan un movemento constante,lonxe de ser obras estáticas.
    -Escalinata: multiplica as liñas nunha posición "inestabel".
    -Campo de arroz: manifesta o seu movemento mediante o ritmo ondulado das formas.
    -Nube: grazas o pulido moderado que consegue unha delicada matización de lúz, parece manterse ingrávida e húmeda.

    ResponderEliminar
  2. Ainda que nos seus inicios Paz produxo collages e pezas de maderia, e ainda que últimamente realizou obras con reixas metálicas pintadas, o que mellor define o seu talante artístico é o seu traballo coa pedra. Coas pedras, nas suas diversas modulacións: pedras autóctonas de Galicia, cuarcitas e, sobre todo, granito de distintas cualidades, Paz establece un diálogo íntimo que sorprende e emociona pola intensidade dos seus resultados.

    ResponderEliminar
  3. O traballo de Manolo Paz funde o ancestral co vello. Para el as pedras falan e a súa obra ten un obxectivo realmente destacable: a recuperación da memoria da historia. As obras de Manolo Paz son realizadas sen alterar en exceso as texturas e as formas, é dicir, as esencias. Cómpre destacar o propósito de diálogo co entorno de maneira abstracta e a expresividade que amosa nas súas obras.

    ResponderEliminar