miércoles, 9 de febrero de 2011

SOBRE A ARTE ROMÁNICA

Aproveitando que estamos estudando a arte románica aquí van algúns enlaces:

Dentro da páxina da Fundación Pedro Barrié de la Maza podemos acceder á información relativa ao programa de restauración da Catedral de Santiago que esta fundación está apoiando económicamente, como foron no pasado a reconstrucción do antigo coro en pedra do Mestre Mateo, e agora a restauración do Pórtico da gloria e as pinturas da capela maior.

Aparecen unhas interesantes galerías de fotos e tamén este video onde nos explican cuestións relativas ao Pórtico da Gloria e o proceso de estudo e restauración que se están levando adiante:



Relacionado co románico aparece hoxe na prensa información sobre a exposición que a Fundación Maphre está expoñendo na súa sede no Paseo de Recoletos de Madrid, chámase: "El Esplendor del románico" e exhibe obras existentes no Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC), que ten probablemente unha das mellores coleccións de arte románica do mundo. Neste enlace poderás ler a información que aparece no xornal El País e acceder a unha bonita galería de imáxenes de pezas que se expoñen.

Para rematar esta entrada aparece aquí un enlace á web do Mosteiro de Oseira, mosteiro da orde do Císter que aínda existe e que o programa da selectividade deste ano "aconsella" estudar.
Accedendo aos diferentes enlaces podedes ver como vive unha comunidade monástica actual, o que se asemella un pouco a como vivía na idade media. Tamén aparecen interesantes galerías de fotos sobre o mosteiro e ata un video onde aparecen os monxes cantando.

Os mosteiros da orde do Císter estendéronse por Europa dende a Borgoña francesa, a partir do s. XII, como unha reforma da orde benedictina nun sentido de darlle unha maior espiritualidade e pobreza que os benedictinos perderan en parte. O gran impulso da Orde veu dado por S. Bernardo de Claraval o seu santo principal. En contraposición ao hábito negro dos benedictinos estes monxes levan un hábito branco como podedes ver no video. En Galicia temos numerosos exemplos de Mosteiros desta orde como é o Mosteiro de Oseira en Ourense ou máis cercano o da Armenteira.

Os monxes do Císter foron os primeiros en usar bóvedas de crucería e arcos apuntados polo que os seus mosteiros se atopan a medio camiño entre o románico e o gótico. Os métodos constructivos (muros grosos e pechados) e a concepción espacial sigue sendo románica pero xa introduce eses elementos característicos da arquitectura gótica que dan unha maior altura. A austeridade que busca a nova orde relixiosa vese na sinxeleza e falta de decoración das súas igrexas.

Estas imáxenes poden axudarvos a estudar e comprender mellor como é un mosteiro do Císter:

Partes dun mosteiro (non necesariamente do Císter)

Planta do Mosteiro benedictino de Sto Domingo de Silos


Nave central da Igrexa do Mosteiro de Sta María a Real de Oseira


Nave central da igrexa do mosteiro de Sta María da Armenteira, tamén do Císter, atopas similitudes co anterior?

Fachada da igrexa do Mosteiro da Armenteira, a diferencia da fachada da igrexa de Oseira que se remodelou no barroco, aquí tendes unha fachada orixinal do s. XII. Que elementos son aínda románicos e cales anuncian o gótico?

Sinala agora as partes do Mosteiro neste plano de Oseira (axúdate coa web do mosteiro)



Imaxe da Virxe do leite, Mosteiro de Oseira, analiza que é románico e que empeza a cambiar cara o gótico.

Fíxate que tanto Oseira como a Armenteria están dedicados á Virxe. Estes monxes do Císter ou bernardos difundiron por Europa o culto a María, algo marxinado na época anterior e influirán sobre a nova arte gótica que tamén dedica a maior parte das súas igrexas á nai de Cristo, pensa nas famosas "Nôtre Dame" (nosa señora) de Paris, Reims, Amiens...

No hay comentarios:

Publicar un comentario